lunes, 25 de enero de 2016

CRONICA

PR-G 153 AUGAS DE FONMIÑÁ

O pasado domingo día 17 a asociación de sendeirismo Paso Miúdo empezou o ano con unha ruta moi sinxela e cércana, PR-G 153 Augas de Fonmiñá

As oito da mañá saímos de Ferreira despois de repartir as licencias de socios(este ano hai novas altas).O tempo presaxiaba que íamos ter un bo día despois da auga caída os días anteriores, aínda que a temperatura cando chegamos a Meira era baixa

Día de feira no pobo, moito movemento na praza e a carón da igrexa, postos e máis postos de pan, zapatos, verduras, casetas facendo churros, algúns aínda chegaron para probalos.

As dez e cuarto saímos de Fonmiñá, o comezo vai por unha pasarela de madeira ( bastante resbaladiza)que nos vai levando pola área recreativa feita no entorno da fonte Fonmiñá.

O desborde do río en días anteriores fainos agudizar o inxenuo para cruzalo en algúns sitios, aínda que logo o deixamos e a campiña empeza a ser a nosa compañeira. Vacas, ovellas, cabras, cabalos,cochos vietnamitas(ultimamente parece que xa é case unha tradición nas nosas rutas) son o mosaico que por esas terras se poden ollar. Terra toda ela chan e praderías inmensas a longo das pistas que fan que o percorrido sexa moi levadeiro.

Logo de facer a parada de rigor para repoñer forzas, seguimos o camiño para visitar o Castro de Saa, e dende aquí facer a nosa propia ruta

As augas de pequenos regatos coma o rego de Piñeiro, e o rego de Xixín van agrandando ao Miño, formando na parroquia de Baltar, punto final da ruta, un área recreativa habilitada coma praia fluvial, a Riboira, cun merendeiro e pequeno embarcadoiro, aínda que estaba algo desfeito polas crecidas dos pasados días

Ao redor da unha e media rematamos a ruta,esperábanos o xantar no restaurante Parrillada Salgado, callos e churrasco ademais de postre e café fixéronos repoñer as forzas perdidas, aínda que nesta ocasión non foron moitas

Polas 17:30 xa estabamos en Ferreira, despedíndonos e ata a próxima que será o vindeiro 28 de febreiro PR-G 166 Fervenzas de Toques

Angel Rivas